Marchas

XXIV Marcha Cicloturista Arousá Galego

XXIV Marcha Cicloturista Arousá Castelan

Vídeo do percorrido da XXIV Marcha Cicloturista Arousá. Parte 1ª

 

Vídeo do percorrido da XXIV Marcha Cicloturista Arousá. Parte Final

 

Marchas anteriores

 

 O Club Ciclista Xiabre convida a todas e todos as/os cicloturistas a participar na Marcha Cicloturista Arousá que se celebra a mediados do mes de xuño en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). A saída e chegada realízanse no pavillón polideportivo de Carril.

 XX_Marcha_Cicloturista_Arousá_(2015)_Saída


Esta marcha percorre as estradas da comarca do Salnés e Ulla cunha distancia aproximada de 100 km. O percorrido inclúe a ascensión ao Monte Xiabre cun tramo de carácter opcional (Alto de Meda) de aproximadamente 3 km e unha pendente media do 9%.
Á finalización da marcha procédese á entrega de recordos aos participantes así como ao club máis distante, ao participante máis veterano........ Como colofón final, o Club convida a participantes e acompañantes a uns petiscos de confraternidade.
Para obter unha maior información non dubiden en poñerse en contacto connosco no teléfono 600668629 ou no correo electrónico: ccxiabre@gmail.com